Aviso legal
1. IDENTIFICACIÓN DO RESPONSABLE DA WEB
A páxina web www.contigoenergia.com (no sucesivo, a «Web» ou o «Sitio») foi creada e é mantida por GESTERNOVA SERVICIOS ENERGÉTICOS, S.L. (no sucesivo, «CONTIGO ENERGÍA» ou «Nós»).
GESTERNOVA SERVICIOS ENERGÉTICOS, S.L., con NIF A‐87811634, é unha sociedade anónima constituída de conformidade coas leis españolas e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, no tomo 35.911, libro 0, Folio 159, Sección 8, Folla M-645242.
Os datos de contacto de GESTERNOVA SERVICIOS ENERGÉTICOS, S.L. son os seguintes:
- Enderezo postal: Paseo de la Castellana, 259-C. Torre de Cristal. 28046. Madrid
- Correo electrónico: info@gesternova.com
- Teléfono: 91 031 23 07
- Fax: 91 307 03 50
2. OBXECTO E FINALIDADE DA WEB
A Web contén información xeral sobre CONTIGO ENERGÍA e o sector da eficiencia enerxética.
Os usuarios da Web, ademais de ler as distintas seccións e documentos postos á súa disposición, poden (i) solicitar información e realizar consultas; (ii) utilizar a calculadora solar (simulador de custos/beneficios da instalación de paneis solares); (iii) formular queixas e reclamacións a través dos formularios en liña postos á súa disposición; (iv) subscribirse a boletíns de novas ou newsletters; ou (v) contratar determinados produtos e servizos (que en todo caso, estarán sometidos a termos e condicións específicos que deberá aceptar o usuario).
O contido da Web está dirixido a usuarios residentes na Península (incluído Portugal), Illas Baleares e Illas Canarias, maiores de idade. A contratación de calquera produto ou servizo ofertado ou detallado na Web queda igualmente limitada aos residentes na Península (incluído Portugal), Illas Baleares e Illas Canarias que cumpran cos requisitos detallados nos correspondentes contratos.
O simple acceso á Web non implica que o usuario manteña ningunha relación contractual ou comercial con CONTIGO ENERGÍA. Porén, ao navegar polo Sitio, o usuario recoñece que leu e aceptou o presente Aviso Legal, e comprométese ao seu cumprimento.
Aqueles usuarios que residan ou que estean domiciliados en calquera país distinto de España e que decidan acceder e/ou utilizar a Web farano baixo a súa propia responsabilidade e deberán asegurarse de que tal acceso e/ou utilización cumpre coa lexislación local aplicable.
CONTIGO ENERGÍA resérvase o dereito de modificar en calquera momento este Aviso Legal, así como calquera outra condición xeral ou particular que resulte aplicable. Cando resulte posible, CONTIGO ENERGÍA anunciará no Sitio as modificacións ou actualizacións introducidas.
3. USO DO SITIO WEB
O usuario comprométese a facer un uso axeitado e lícito do Sitio e dos distintos elementos que figuran nel. En concreto, deberá absterse de:
- Acceder ou intentar acceder a recursos ou áreas restrinxidas, se non está autorizado para facelo.
- Intentar inutilizar ou sobrecargar a Web ou impedir a normal utilización ou gozo do Sitio.
- Introducir ou difundir virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexa susceptible de provocar danos nos sistemas de CONTIGO ENERGÍA, dos seus provedores ou de terceiros.
- Reproducir ou copiar, distribuír, transformar ou modificar os contidos do Sitio.
- Modificar a aparencia da Web.
4. CONTIDOS INFORMATIVOS
CONTIGO ENERGÍA facilita o acceso a diversos contidos (informes, newsletters, presentacións etc.) meramente informativos elaborados por CONTIGO ENERGÍA ou por terceiros que non teñen carácter contractual. Os devanditos contidos informativos non poden entenderse en ningún caso, nin substituír, o asesoramento profesional. CONTIGO ENERGÍA non se responsabiliza da exactitude, actualización ou veracidade dos contidos meramente informativos que figuran na Web.
5. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O usuario recoñece e acepta que todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre calquera elemento que compón a Web (incluíndo, sen limitación, marcas, logotipos, nomes comerciais, textos, fotografías, imaxes, gráficos, artigos, deseños, sons, bases de datos, software, diagramas de fluxo, presentacións, audio, vídeo e, en xeral, o Sitio no seu conxunto), e sobre a Web no seu conxunto, pertencen a CONTIGO ENERGÍA ou a terceiros que autorizaron debidamente o uso por parte de CONTIGO ENERGÍA.
Está prohibida a reprodución total ou parcial de calquera elemento da Web con fins comerciais, agás autorización expresa e por escrito de CONTIGO ENERGÍA.
Os usuarios están unicamente autorizados a utilizar, visualizar, imprimir, descargar e almacenar os contidos da Web para o seu uso persoal, privado e non-lucrativo, sempre que indiquen a orixe ou autoría destes.
6. LIGAZÓNS
O Sitio pode incluír ligazóns e ferramentas de busca que permiten aos usuarios acceder a webs de terceiros. Estes elementos facilitaranse unicamente para efectos de referencia. En todo caso, recoméndase aos usuarios consultar os termos e condicións de uso e as políticas de privacidade dos sitios web de terceiros aos que accedan a través de ligazóns incluídas no Sitio. CONTIGO ENERGÍA non aproba nin controla os contidos das devanditas webs de terceiros e exclúe expresamente toda responsabilidade por calquera dano que se poida derivar do acceso, uso ou imposibilidade de uso, por parte dos usuarios, de calquera sitio web co que estableza unha ligazón.
7. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
CONTIGO ENERGÍA non asume ningunha responsabilidade en relación cos danos que se poidan producir nos equipos ou dispositivos dos usuarios como consecuencia da navegación pola Web, nin ofrece ningunha garantía en canto á resolución de erros de funcionamento ou a actualización de contidos da mesma.
CONTIGO ENERGÍA non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do Sitio. En consecuencia, CONTIGO ENERGÍA non será en ningún caso responsable de calquera dano e prexuízo que se poida derivar de (i) a falta de dispoñibilidade ou accesibilidade á Web; (ii) a interrupción no funcionamento desta (desconexións, atrasos, bloqueos etc.); (iii) os fallos informáticos de calquera tipo; ou (iv) outros danos que poidan ser causados por terceiros mediante intromisións non autorizadas alleas ao control de CONTIGO ENERGÍA.
8. PROTECCIÓN DE DATOS E COOKIES
A información relativa ao tratamento dos datos persoais dos usuarios está dispoñible na Política de privacidade.
A Web utiliza cookies. Podes consultar que cookies se utilizan e con que finalidade na Política de cookies.
9. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Agás de non ser posible consonte as leis de protección de consumidores e usuarios aplicables, o presente Aviso Legal, así como a relación entre CONTIGO ENERGÍA e o usuario, rexeranse e interpretaranse de conformidade coa lei española. As partes acordan someterse á xurisdición exclusiva dos xulgados e tribunais da cidade de Madrid para a resolución de calquera controversia en relación co presente Aviso Legal, sempre que isto non contraveña a normativa de protección de consumidores e usuarios que resulte aplicable.
Data de última actualización: 01 de 03 de 2021