Política de privacidade da web

O simple acceso e navegación pola páxina web www.contigoenergia.com (no sucesivo, a «Web») non implica, como norma xeral, a recollida de datos de carácter persoal dos visitantes da mesma.

Emporiso, GESTERNOVA SERVICIOS ENERGÉTICOS, S.L. (no sucesivo, «Contigo Energía» ou «Nós»), lémbrate que se poderán instalar cookies no teu dispositivo de acceso, en caso de que decidas continuar a navegación pola Web, consonte o disposto na nosa Política de Cookies.

Doutra banda, se enches algún dos formularios dispoñibles na Web, te subscribes á nosa newsletter ou nos remites un comentario ou correo electrónico, procederemos a recoller e tratar datos persoais relativos a ti, na medida en que isto sexa necesario para atender a túa petición ou solicitude ou en que ti nos autorices a remitirche comunicacións comerciais. Deseguido, explicámosche o tratamento de datos de carácter persoal que realizaremos nestes casos.

Tratamento de datos de carácter persoal dos usuarios da web www.contigoenergia.com

Quen é o responsable do tratamento dos datos persoais?

O responsable do tratamento é GESTERNOVA SERVICIOS ENERGÉTICOS, S.L., con CIF A‐87811634 e domicilio en Calle Aguarón, 23, portal B, 1º B, Edificio Catalpa, de Madrid (28023).

O responsable do tratamento designou un Delegado de Protección de Datos, encargado de velar polo cumprimento da normativa de protección de datos na compañía e atender as reclamacións que poidan ser presentadas polos afectados. Calquera usuario pode contactar co Delegado de Protección de Datos na forma indicada no último apartado desta política.

Que tipo de datos persoais recollemos?

Tratamos as seguintes categorías de datos persoais:

  • Datos identificativos e de contacto: nome, apelidos, correo electrónico, teléfono e enderezo postal.
  • Datos relativos á túa vivenda ou ao inmoble para o que solicitas un orzamento: enderezo e características do inmoble, por exemplo se se trata dun piso, edificio de oficinas ou vivenda unilateral, a dimensión do tellado e a orientación deste.
  • Datos relativos a hábitos de consumo: horas de maior consumo eléctrico ou previsións a este respecto.
  • Datos relativos a promocións ou ofertas especiais nas que participas. Dispomos dun acordo de colaboración con IKEA IBÉRICA S.A.U. («IKEA») para ofrecer vantaxes aos clientes desta compañía. Cando algunha destas ofertas especiais ou promocións sexa aplicable no teu caso, trataremos o dato relativo a que ti es cliente de IKEA e, de ser o caso, o teu número de tarxeta «IKEA FAMILY».
  • Outra información que nos remitas a través dos correos electrónicos facilitados na web (consultas, queixas ou reclamacións que realices).

Recollemos os anteriores datos directamente de ti cando completas os formularios da Web, fas uso da nosa calculadora ou contactas voluntariamente connosco, coa única excepción do dato de localización dun inmoble. Neste caso, se coincide coa túa localización no momento de acceso á Web e activas a opción de xeolocalización, poderemos recollelo automaticamente.

Lembra que, cando utilizas calquera formulario, calculadora ou simulador dispoñible na nosa Web, debes facilitar información da que es titular. Antes de facilitar datos persoais de terceiros debes solicitar a súa autorización.

Se contactas en nome da túa empresa ou organización, trataremos os datos relativos ao teu posto de traballo ou á representación que ostentas e o dato de contacto profesional. É importe que non nos facilites o teu teléfono ou correo electrónico persoal, senón datos corporativos.

Para que utilizamos os teus datos persoais e con que base legal?

Utilizamos os teus datos persoais coas seguintes finalidades:

  • Para realizar unha valoración dos custos e beneficios da instalación de paneis solares e remitirche unha oferta, tratamos os teus datos identificativos e de contacto, datos relativos á túa vivenda ou ao inmoble no que se instalarán os paneis e datos relativos a hábitos de consumo ou preferencias a respecto deste. A base legal que lexitima este tratamento é a existencia dunha relación precontractual.
  • Para enviarche a nosa newsletter, se te subscribes a ela, e para remitirche comunicacións comerciais relativas aos nosos produtos e servizos, ou produtos e servizos de empresa coas que colaboramos, de nos autorizar a facelo, tratamos os teus datos identificativos e de contacto. Estes tratamentos baséanse no teu consentimento.
  • Para calquera consulta, queixa ou solicitude que nos remitas, recollemos e tratamos os teus datos identificativos e de contacto, así como calquera información que nos envíes para apoiar a túa solicitude. Este tratamento baséase no teu consentimento.

Se realizas unha solicitude ou petición en nome dunha empresa ou organización, trataremos os teus datos persoais para os efectos de manter contacto coa devandita entidade, baseándonos no noso interese lexítimo en manter relacións comerciais con terceiros. Lembra que nestes casos deberás facilitarnos datos de contacto profesionais e que poderemos requirirche acreditación da representación que ostentas.

Con quen compartimos os teus datos persoais?

Poden acceder aos teus datos o persoal autorizado de Contigo Energía, así como os nosos provedores de servizos, que asinaron o correspondente acordo de encargado do tratamento. Trátase, fundamentalmente, de provedores que nos prestan asistencia tecnolóxica (como almacenamento de bases de datos ou mantemento da Web).

Non cedemos datos persoais a terceiros responsables do tratamento agás de contar co teu consentimento.

Algúns dos nosos produtos son ofrecidos en colaboración con IKEA. Neste sentido, á hora de preparar unha valoración económica ou oferta, solicitarémosche o teu consentimento para comunicar os teus datos a IKEA, de forma que esta entidade poida remitirche comunicacións comerciais con ofertas exclusivas, promocións e eventos personalizados en función dos teus gustos, intereses e historial de compra con IKEA. Este consentimento pode revogarse en calquera momento.

Se prestas o teu consentimento, procederemos a comunicar os datos identificativos e de contacto que nos facilites a IKEA, que actuará como responsable do tratamento consonte a súa política de privacidade propia:  https://www.ikea.com/es/es/customer-service/privacy-policy/.

Durante canto tempo conservamos os teus datos persoais?

No caso de que non contrates ningún produto ou servizo, conservaremos os teus datos durante un prazo de seis anos. De te subscribir ás newsletters ou solicitar recibir comunicacións comerciais, manteremos os teus datos ata que decidas darte de baixa. 

Que dereitos podes exercer?

A normativa de protección de datos recoñéceche os seguintes dereitos:

  • Dereito de acceso aos teus datos persoais, que inclúe a obtención dunha copia dos mesmos.
  • Dereito de supresión.
  • Dereito de rectificación.
    Dereito de oposición.
  • Dereito á limitación dos tratamentos.
  • Dereito de portabilidade.

Para exercelos, debes contactar con Contigo Energía a través dos seguintes medios:

  • Enderezo postal: A/A: Delegado de Protección de Datos.C/ Aguarón, 23. portal B, 1º B
    Edificio Catalpa
    28023 Madrid
  • Correo electrónico: dpo@gesternova.com

Utilizando estes medios, has poder revogar o consentimento prestado.

Ademais, todas as nosas newsletters e comunicacións comerciais por medios electrónicos inclúen unha ligazón para que os usuarios poidan darse de baixa automaticamente e de forma sinxela, sen necesidade de contactarnos.

No caso de que consideres que os teus dereitos non foron atendidos correctamente, podes presentar unha reclamación perante o Delegado de Protección de Datos ou a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Redes sociais

Contigo Energía dispón de perfís corporativos en distintas redes sociais, que non están destinados á atención de clientes ou posibles clientes, senón á difusión de información sobre os nosos produtos e servizos. Porén, é posible que contactes connosco por estes medios e, de ser así, procederemos a responderche ou atender a túa petición.

Neste sentido, debes ter en conta o seguinte:

  • Contigo Energía non recolle datos persoais contidos nos perfís dos usuarios cos que interactúa en redes sociais. Pode acceder, dependendo da configuración de privacidade de cada usuario, á túa fotografía de perfil, nome, contactos ou actividade na rede. O acceso a estes datos, que como se indicou en ningún caso se extraen e almacenan noutros sistemas, realízase seguindo as normas e políticas de uso da rede social de que se trate.
  • Contigo Energía non pode suprimir ou cancelar os perfís dos usuarios nin atender outros dereitos. Para estas accións, o usuario deberá contactar coa entidade responsable da rede social.
  • Cando un usuario escribe comentarios ou mensaxes nos nosos perfís, estes poden ser accedidos por terceiros. En ningún caso, os usuarios deben difundir datos propios ou de terceiros (número de correo, referencias de contratos etc.) por estes medios.
  • Por iso, recomendamos que nos contacten, sempre que sexa posible, por mensaxe directa. Cando nos contactes por mensaxe directa, solicitando información ou asistencia, poderemos comunicar os datos de contacto que nos facilites ao noso servizo de atención ao cliente para que contacten contigo por outros medios.

Información de contacto do Delegado de Protección de Datos

Se precisas algunha aclaración adicional ou consideras que os teus dereitos non foron atendidos correctamente, podes contactar co Delegado de Protección de Datos de Contigo Energía a través dos seguintes medios:

  • Enderezo postal: A/A: Delegado de Protección de Datos.C/ Aguarón, 23. portal B, 1º B
    Edificio Catalpa
    28023 Madrid
  • Correo electrónico: dpo@gesternova.com

Data de actualización: 23 de 02 de 2021