Política de privacidad

Política de privacidade

I. Tratamento de datos de carácter persoal dos usuarios

O simple acceso e navegación pola páxina web www.contigoenergia.com (no sucesivo, a «Web») non implica, como norma xeral, a recollida de datos de carácter persoal dos visitantes da mesma. Con todo, GESTERNOVA SERVICIOS ENERGÉTICOS, S.L. (no sucesivo, «Contigo Energía» ou «nós») lémbralle que se poderán instalar cookies no seu dispositivo de acceso en caso de que decida continuar a navegación pola Web, consonte o disposto no apartado III desta política.

En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e a súa normativa de desenvolvemento («LOPDGDD»), informámolo de que, se remite algún correo electrónico aos enderezos de contacto facilitados ou completa algún dos formularios que están dispoñibles na Web, os seus datos serán incluídos nun ficheiro responsabilidade de Contigo Energía, con domicilio en Paseo de la Castellana, 259C Torre de Cristal, Madrid (28046).

Os datos facilitados utilizaranse para atender a súa solicitude ou consulta. No caso de que se subscriba á nosa newsletter, autorízanos expresamente ao envío de comunicacións comerciais por calquera medio relativas aos nosos produtos e servizos, e/ou relativas a produtos, servizos e novas relacionados co sector da enerxía.

En todo caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose a Contigo Energía no correo electrónico protecciondedatos@gesternova.com ou a través do seguinte enderezo postal: Paseo de la Castellana, 259C Torre de Cristal, Madrid (28046).

 

II. Información sobre cookies

A Web utiliza cookies para poder coñecer as preferencias dos usuarios e optimizar a configuración da Web. A continuación, ofrecemos unha descrición detallada destas.

Que son as cookies?

As cookies son paquetes de datos que se almacenan no dispositivo dos usuarios que visitan unha web e que xeran determinada información que pode ser lida polo servidor que os instalou. Por exemplo, utilízanse cookies:

  • Para permitir a navegación dun usuario por unha zona de acceso restrinxido, unha vez que introduciu as súas chaves de acceso.
  • Para facilitar os procesos de compra en liña (as cookies permiten que se lembre cada produto que se inclúe na cesta da compra).
  • Para lembrar preferencias do usuario (idioma, tipo de letra etc.).
  • Para obter información sobre páxinas visitadas e ofrecer publicidade.

 Que tipos de cookies se instalan ao acceder á nosa Web?

A Web utiliza cookies propias e de terceiros. Cando falamos de cookies propias, facemos referencia a aquelas que instala o noso dominio e que non xestionan terceiras empresas. Pola contra, as cookies de terceiros ou de terceira parte non están xestionadas directamente por nós (aínda que, nalgún caso, se descargan desde o noso dominio).

Tendo en conta a súa finalidade, clasificamos as cookies que utilizamos nesta Web nos seguintes grupos:

1. Cookies de prestacións ou de análise
Estas cookies axúdannos, por exemplo, a identificar as seccións máis populares da nosa páxina Web ou a cuantificar o número de visitas, páxinas visitadas, tempo de estancia en cada páxina ou país de orixe, entre outros.
En concreto, utilizamos os servizos de Google Inc, a través do seu servizo Google Analytics, que nos axuda a obter datos estatísticos sobre os hábitos de navegación dos visitantes da Web. Para obter máis información, pode utilizar esta ligazón.

2. Cookies técnicas
Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son, ou compartir contidos a través de redes sociais.

3. Cookies 

Como evitar a instalación de cookies?

Pode eliminar as cookies que xa estean almacenadas no seu dispositivo en calquera momento e tamén configurar o seu navegador para que rexeite a súa instalación.

O feito de non aceptar cookies podería supor unha limitación na funcionalidade da Web.